Porto do Son promove a conciliación coa posta en marcha de campamentos de verán

PORTO DO SON> Co fin de favorecer a conciliación, o concello de Porto do Son volve poñer en marcha os campamentos da movida urbana. A convocatoria deste ano inclúe moitas novidades como a redución dos grupos co fin de garantir as medidas de seguridade.

As familias de Porto do Son que precisen conciliar durante o verán xa se poden inscribir nos campamentos da movida urbana que oferta o concello.

Nesta ocasión, a convocatoria vai dirixida unicamente a unidades familiares nas que traballen os dous proxenitores, un no caso de familias monoparentais para limitar o número de participantes.

O concello traballa tamén noutra proposta para maiores de doce anos consistente en distintos obradoiros. Nos próximos días dará a coñecer as bases e os prazos para a inscrición.

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí