A Deputación edita unha recompilación dos gañadores do ‘Torrente Ballester’

A CORUÑA> A Deputación da Coruña acaba de editar o libro “Los 25 premios Torrente”, unha recompilación de fragmentos de todos as obras que gañaron o premio de narrativa da institución provincial dende a súa creación. A publicación está coordinada por Mercedes Monmany, comisaria do premio, e recolle unha selección das obras publicadas dende o ano 1989, cando gañou Pedro Crespo, ata o 2014, data en que recibiu o galardón Jorge Eduardo Benavides. Os estratos das novelas recollidas manteñen o formato e a paxinación no que foron publicadas no seu momento e van precedidas dunha fotografía e unha pequena biografía de cada autor. A intención da Deputación Provincial é que este mes estea rematado xa o segundo dos libros que se editarán con motivo do aniversario do premio decano da institución. Trátase de “Las ciudades de Torrente”, obra de José Antonio Ponte Far. Ambas as dúas obras serán repartidas polas bibliotecas de todos os concellos da provincia, colexios, institutos e sedes de institucións públicas co obxectivo de darlle a maior difusión posible.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí