RIBEIRA> Un total de quince alumnos iniciaron a súa formación no curso de especialistas en Turismo Náutico que vén de poñer en marcha o concello de Ribeira. O curso, que se imparte na aula CeMIT, vai dirixido a persoas en busca de emprego coa fin de dotarlles da cualificación axeitada para a execución de todo tipo de actividades vinculadas ao turismo náutico. Esta acción formativa constará de 234 horas de carácter tanto teórico como práctico e será impartido por dous docentes: José Benito Pastorizae Diego López. Rematará o 2 de decembro e as clases celébranse de luns a venres, de 9 a 14 horas. Entre as materias obxecto da acción figuran: técnicas de iniciación aos deportes náuticos (windsurf, kayaksurf, kayak, paddleboard, surf, bodyboard), técnicas de perfeccionamento das diversas modalidades, técnicas e recursos de dinamización de clientes; comercialización e ferramentas comerciais; técnicas de xestión, organización e planificación das actividades e dos produtos turísticos náuticos; mantemento de material; e seguridade, hixiene e primeiros auxilios.
Inicio Barbanza - Muros - Noia









