A Deputación da Coruña financia o acondicionamento dun espazo para uso parroquial en Lampón

BOIRO> O deputado de Promoción Económica, Blas García, visitou esta mañá a parroquia boirense de Lampón para coñecer de primeira man o proxecto levado a cabo pola comisión parroquial de cara a ampliación dunha nave de usos múltiples.

A actuación en cuestión recibiu unha achega do organismo provincial por un importe duns vinte mil euros.

Dende a entidade parroquial agradeceron o investimento da Deputación que permitirá poder ampliar a nave actual e así desenvolver nela diferentes actividades para a parroquia.

Na visita, Blas García estivo acompañado tamén do edil de Urbanismo, Luís Ruíz, e do propio alcalde, Xosé Ramón Romero, quen agradeceu á Deputación o seu compromiso coa veciñanza de Boiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí