A Praza de Vilagarcía non abrirá mañá ante a falla de aparcadoiros

    VILAGARCIA> Nova fronte aberta para o Concello de Vilagarcía. Os praceiros non abrirán mañá os seus postos na Praza de Abastos en protesta pola falla de aparcadoiro.

    Onte o Concello quixo instalar bolardos na rúa García de Caamaño,ó que eles se opuxeron por ser esta a zona de carga e descarga que empregan habitualmente e á que demandan que se converta en prazas de parking para a praza, alomenos durante a xornada de mañá. Estes praceiros aseguran sentirse desprotexidos posto que sen sitio onde aparcar perden clientes en detrimento das grandes áreas e outras prazas da contorna. Os praceiros denuncian desidia por parte do Concello; aseguran que non os reciben e que nos lles achegan solucións co que o único que lles queda é protestar. Mañá non abrirán os seus negocios aínda que si asistirán á praza como medida de protesta. Se non serve esta medida, volverán a mobilizarse para facerse oír. Aínda que tamén encontramos unha praceira que pensa que agora é tarde para protestar; que se tiñan que haber oposto á instalación á zona peonil cando se puxeron as lousas.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/14/praza.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/14/paro_praza_vilagarcia_bolardos.mp4{/flowplayer}