RIBEIRA> Unha trintena de artistas exporán as súas obras en diversos establecementos comerciais de Ribeira. A exposición ‘Camiño da Arte’ pretende achegar a expresión artísitca á rúa a través do tecido comercial da vila.
A colaboración entre a asociación de empresarios de Ribeira e os artistas locais fai posible, por terceiro ano consecutivo, a exposición ‘Camiño da Arte’. Ata o 10 de outubro, 38 establecementos comerciais lucirán nos seus escaparates distintas obras elaboradas por 28 artistas da comarca.
Haberá pintura, escultura, fotografía ou vidros que se integrarán na paisaxe dos propios escaparates co obxectivo de achegar a arte a pé de rúa.
Ademais de conformar a exposición, moitas obras desta mostra estarán á venda para o que é preciso contactar con cada autor.