Os portos das Rías Baixas incrementaron os seus tránsitos

    PONTEVEDRA> Os Portos das Rías Baixas veñen de incrementar os seus tránsitos un 3 % nestes últimos meses de verán. Unhas cifras que para Portos de Galicia reflicte o acertado das súas estratexias promocionais na diáspora, sobre todo en Francia.

    As Rías Baixas volveron a incrementar este verán o volume de tránsitos que visitan os seus portos náuticos; un aumento de visitantes que tamén se produciu no resto de Galicia. No eido das Rías Baixas os Concellos máis visitados foron Sanxenxo e Baiona, con cadanseus dous portos náuticos. Neste último lugar houbo momentos como o foi o mes de xullo, no que a poboación flotante procedente deste turismo náutico ascendeu ata o medio milleiro de persoas. Para este ente dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, estes resultados falan as claras do acertado da estratexia promocional que están a levar a cabo de xeito conxunto con Turismo de Galicia en salóns náuticos de renome como o de París ou o de La Rochelle. Portos de Galicia vai a continuar con este tipo de promocións. De feito, veñen de integrarse nunha rede europea de intercambios entre portos.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/17/portos1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/17/balance_portos_nautica_pontevedra.mp4{/flowplayer}