Vilanova aproba a licencia de obra para a construción dun Burguer King

VILANOVA> Vilanova concede a licencia de obra para a construción dun Burguer King. O novo establecemento estará situado na rúa Cardalda, enfronte ao Eroski e preto da estación de Cepsa. Contará cun espazo para a recollida de comida cos vehículos e dará a traballo a dez persoas.

O concello de Vilanova contará dentro duns meses cunha franquía dunha gran cadea de alimentación. Concretamente será Burguer King a que instalará un novo restaurante no municipio. O concello aprobou este venres a licencia de obra.

Para a vila son numerosas as vantaxes de poder contar cunha gran multinacional como Burguer King.

A localización escollida pola empresa tamén é do agrado de Vilanova. Dende o concello consideran que a chegada de Burguer King é unha mostra da consolidación da contorna da rúa Cardalda.

Segundo explicou o concello, o éxito desa zona verase reflexado nos vindeiros meses coa chegada doutra empresa. Dende o goberno local non quixeron adiantar nada pero aseguraron, que se as negociacións frutifican, trataríase dunha compañía que xeraría arredor de 30 postos de emprego.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí