Mar traslada á Secretaría Xeral de Pesca as demandas do sector

    MADRID> A Consellería do Mar trasladou á Secretaría Xeral de Pesca a posibilidade de reunir ós representantes das comunidades autónomas e do sector para avaliar a aplicación do sistema de reparto de cotas consensuado hai dous anos co obxectivo de plantexar modificacións futuras. Durante a xuntanza, Rosa Quintana tamén analizou a situación da flota de artes menores tralo peche provisional da campaña da xarda para proceder ó reconto da cota consumida. O secretario xeral de Pesca, Andrés Hermida, informou de que se reabrirá a pesca accidental con carácter inmediato. Pola súa banda, a conselleira agradeceu o compromiso do Ministerio de consensuar co resto das comunidades unha parada temporal remunerada para a flota de artes fixas que captura pescada, cigala e rape no Cantábrico.