![]()
VILAGARCIA> A falta duns 12 días para o 25S as cámaras desta casa saíron a rúa para coñecer en primeira persoa, cal é a opinión que lles merecen os candidatos a presidir a Xunta de Galicia, e se creen que a campaña electoral influirá no voto dos cidadáns.
Carteis, actos informativos, debates… todo forma parte da estudada posta en escena dos partidos, para levar a cabo o que coñecemos como campaña electoral. Unhas accións que teñen como finalidade interferir no voto dos cidadáns, aínda que para moitos carece de interés.
A pesar de todos os esforzos dos partidos, hai de quen considera que estes actos non inflúen na decisión de voto.
Finalmente haberá que esperar ao 25 de setembro para coñecer finalmente o resultado dos comicios que decidirán quen será o novo habitante de Monte Pío durante os vindeiros catro anos.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/13/campanha_electoral_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/13/campanha_electoral.mp4{/flowplayer}









