O concello muradán mellorará ós accesos en Torea

    MUROS> A actuación, cun presuposto duns 70 mil euros, irá con cargo ó Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña. Os veciños da parroquia muradá de Torea están de noraboa. O concello ten previsto acometer en breves as obras de mellora dos accesos á estrada provincial que une Abelleira e Paxareiras. A actuación permitirá ensanchar o vial nalgúns tramos que actualmente presentaban dificultades pola súa estreitez. Para acometer esta obra o propio ejecutivo muradán tivo que cegar a acordo cos propietarios dos terreos a carón da estrada que cederon de maneira desinteresada para poder acometer a ampliación. As obras terán un custe duns 70 mil euros que irán con cargo ós fondos do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña.