NOIA> Os máis de mil trescentos socios da confraría de Noia están chamados ás urnas o vindeiro día 29 de setembro, cando se celebrarán eleccións en tódalas confrarías galegas, Santiago Cruz decidiu volver a optar ó cargo de patrón maior ante o apoio de numerosos socios que lle pediron expresamente que continuase á fronte da confraría. Confía nesa boa xestión para revalidar o cargo ante as dúas candidaturas alternativas coas que deberá medir forzas. Aínda así, Santiago Cruz amósase tranquilo e confiado; e con moitas opcións de seguir á fronte do pósito durante catro anos máis.
Inicio NOIA