A Xunta licitará en xullo a redacción do proxecto do novo centro de saúde de Noia

NOIA> A visita de hoxe a Noia tiña coma principal finalidade coñecer de primeira man as necesidades en materia sanitaria no actual centro de saúde, e de paso coñecer o traballo que desenvolven os profesionais que a diario traballan nel.

Aproveitou a visita para anunciar que a Xunta ten intención de sacar a licitación este verán a redacción do proxecto do novo centro saúde, que suporá un investimento de preto dos dez millóns de euros.

O alcalde, Santiago Freire, agradeceu a visita, e o compromiso da Xunta, para dar resposta a unha vella demanda na vila, como é a construción do novo centro de saúde que se emprazará nunha parcela de titularidade municipal en San Lázaro.

Segundo el será un edificio moderno e totalmente equipado.

As previsións que manexa a Xunta, e que o proxecto poida estar rematada ó longo de 2025, para poder contratar e iniciar as obras xa no 2026.