Sanidade e concello estudan a ampliación provisional do actual centro de saúde de Ribeira

RIBEIRA> Sanidade e o concello de Ribeira estudan a ampliación do actual centro de saúde a través da cesión de espazos do ISM. Trátase dunha solución provisional mentres non se atopa unha parcela adaptada ás necesidades do SERGAS para construír o novo centro.

Tralo rexeitamento por parte da oposición da parcela proposta polo goberno de Ribeira para o futuro centro de saúde, o alcalde mantivo un encontro co Conselleiro e Sanidade. O rexedor local plantexou a inexistencia de parcelas dispoñibles para uso dotacional polo que sería necesario realizar unha modificcación puntual do PXOM para contar con terreos adaptados ás necesidades de edificabilidade que esixe a instalación.

Este proceso implicaría un longo período de tramitación polo que se estudará a ampliación provisional do actual centro de saúde mediante a cesión dalgún dos espazos do edificio anexo da Casa do Mar.