EU: “Fole paga con cartos públicos comidas con amigos”

    VILAGARCIA> Esquerda Unida de Vilagarcía nega que neste Concello se baixasen os impostos, senón que, ó non ter en conta a baixada do IPC, as taxas, na práctica, volven a subir; nos máis dos casos por riba da capacidade de pagamento dos cidadáns. Uns cartos, os dos impostos, que segundo o esquerdista Fajardo o Alcalde Tomás Fole malgasta en convites persoais.

    Esquerda Unida denuncia que os impostos volven a subir en Vilagarcía. Malia o anuncio de que ían a ser conxelados, ó non aplicarse neles a baixada do IPC, na práctica vai a supoñer que os impostos seguen a incrementarse. É mais, en algúns conceptos como o do IBI, a carga impositiva seguirá medrando para os vilagarciáns. Facendo reconto da evolución dos impostos municipais na capital Arousá, Fajardo asegura que Fole ven a ser o Alcalde que máis subiu estas cargas, moi por riba da capacidade de pago dos veciños. Por se fora pouco, Juan Fajardo denuncia que Fole fai un mal uso dos cartos recadados con estes impostos.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/23/fajardo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/23/esquerda_unida_vilagarcia.mp4{/flowplayer}