Cambados reclama máis visibilidade e investigación para o cancro de mama metastásico

CAMBADOS> Máis visibilidade e máis investigación. Son as reclamacións das afectadas de cancro de mama metastásico. Hoxe conmemórase o Día Mundical contra esta doenza. En Cambados deuse lectura a un manifesto. Entre outras cousas, reclaman que España subministre un medicamento que podería frea-la enfermidade ata nun 75%. Esta doenza é a principal causa de morte en mulleres de entre 35 e 50 anos.

Hoxe conmemórase o Día Muncial contra o cancro de mama metastásico e os actos sucedéronse ao longo de toda a xornada. En Cambados, organizouse unha concentración e deuse lectura a un manifesto. Piden máis investigación e máis visibilidade. Na concentración desta mañá, as doentes contaron tamén co apoio do Concello.

O cancro de mama metastásico mata en España cada ano a 6.000 persoas. É a principal causa de morte en mulleres de entre 35 e 50 anos. Ademais, lembran, tamén pode afectar aos varóns.

Dende os colectivos reclaman que se acelere a chegada a España de medicamentos xa aprobados na Unión Europea. A gran esperanza está depositada nun novo tratamento que aínda non se subministra aquí.

Este é o terceiro ano no que Maribel é a encargada de le-lo manifesto. Comezou no 2020, cando tivo que substituír á súa tía, que padecía a enfermidade, e que sufrira un empeoramento, polo que poucos días despois acabaría falecendo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí