CxG solicita a posta en marcha dun viveiro comercial no mercado muradán

    MUROS> Para os membros da formación nacionalista sería unha fórmula de revitalizar, non só á praza de abastos, senón tamén a todo o casco histórico da vila. Para os membros de CxG a creación dun viveiro comercial, aproveitando as propias instalacións do actual mercado, posibilitaría a revitalización deste espazo, hoxe amortecido. Con esta iniciativa, que no suporía un custe importante, xa que se aproveitarían as propias instalacións da praza, posibilitaría unha saída para moitos emprendedores da localidade que quixeran gañarse a vida coma comerciantes. Na iniciativa que Compromiso presentará no próximo pleno faise eco tamén da problemática existente actualmente cos postos de venda de peixe no peirao, que dende hai tempo levan recibindo comunicación de Portos para que deixen de realizar esta actividade nese espazo. Segundo os membros da formación nacionalista a proposta ademais de revitalizar a propia praza, contribuiría tamén a darlle maior dinamismo económico ó casco histórico da vila e ós negocios alí existentes.