Necrolóxicas e mobilización no pleno: próximos pasos do plantel de Lantero

    VILAGARCÍA> Comerciantes de Zona Aberta, taxistas, traballadoras de Cuca, praceiros, hostaleiros e incluso o deporte vilagarcián están amosando nas últimas horas o seu apoio ós traballadores de Lantero, e seguirán facéndoo coa colocación de necrolóxicas nos seus negocios pola situación da plantilla. Nun momento no que as negociacións seguen nun pozo sen saída e as relacións entre comité e empresa máis tensas ca nunca o próximo punto de inflexión será o luns, cunha mobilizacións social no pleno da corporación vilagarciá. Zona Aberta, asociacións de taxistas e praceiros, Ahituvi, a plantilla de Cuca, a plataforma de veteranos… Manifestación de respaldo e solidariedade coa plantilla de Lantero a que amosaron esta tarde moitos colectivos sociais de Vilagarcía. Mobilización cidadá en apoio ós traballadores que se palpará por toda a cidade coa colocación de necrolóxicas e carteis polos negocios. Un sopro de ánimo un día despois no que semellaba que estaban a punto de coller bo camiño as negociacións da empresa. Na reunión de onte en Santiago, os representantes de Lantero propuxeron conxelar o ERE durante unha semanas para volver ó punto de partida e empezar a negociar de cero. Unha vez máis rompeu toda esperanza de consenso. Os traballadores puxeron como condición para aceptar a proposta que a empresa lles mantivera os salarios do plantel en folga. A empresa negouse e toda posibilidade de acordo esvaeceuse. O seguinte paso será facer oírse no pleno do luns. Din que estarán todos. Para que lles oia o alcalde, quen por certo hoxe contactaba con empresa e traballadores para coñecer como marchara a reunión de onte. Desde o concello indican tamén que o comité de empresa ten á súa disposición os servizos técnicos municipais para resolver calquera dúbida sobre o convenio urbanístico asinado en 2004 coa firma. Na reunión de onte o comité tamén solicitou á empresa a retirada da demanda por folga ilegal como mostra de boa intención a resolver o conflito. Tampouco neste caso houbo acordo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/24/apoiosociallantero.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/24/RP_LANTERO.mp4{/flowplayer}