O CIM promove talleres de educación na igualdade

    RIBADUMIA> Evitar os malos tratos con educación desde idades temperás. Este é o obxectivo de Abre os teus ollos, o taller de educación promovido polo CIM Comarcal de Cambados, Meis e Ribadumia, que ven de presentarse neste último Concello.

    Detectar e previr aqueles comportamentos diferenciais entre sexos é o punto de partida para conseguir unha sociedade máis xusta. Eliminar as diferencias inxustificadas entre homes e mulleres con educación nas aulas e nos fogares é o único xeito de loitar eficazmente contra a violencia de xénero e outros problemas que derivan do machismo. Conscientes desta necesidade no Salnés, o Centro de Información a Muller comarcal dos Concellos de Cambados, Meis e Ribadumia veñen de poñer en marcha a campaña Abre os teus ollos. Estes talleres de educación en igualdade impartiranse en Ribadumia nas Aulas do Colexio Xulia Becerra Malvar de Barrantes. Estes obradoiros sobre xénero están divididos en dúas franxas de idade: para primaria e para secundaria. Unha vez que rematen estes talleres, o CIM recompilará datos de catro mil nenos e nenas do Salnés cos que elaborarán unha estatística sobre a evolución do machismo.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/24/cim.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/24/cim_mancomunidade.mp4{/flowplayer}