O BNG critica que a Xunta segue a discriminar ó Barbanza

    RIBEIRA> O BNG da Barbanza fixo unha valoración negativa dos orzamentos da Xunta para o vindeiro ano 2015 para con esta comarca. Os nacionalistas consideran que o goberno da Xunta segue a discriminar a este territorio cun escaso investimento a pesar das necesidades reais existentes. Botan en falla novamente medidas para a creación de emprego e de apoio ós sectores produtivos.

    A deputada do BNG, Ana Pontón, fixo unha valoración negativa dos orzamentos da Xunta para o vindeiro ano 2015. Segundo ela evidencian unha liña política e económica errada, deixando coma única saída para a población a emigración. No tocante ós investimentos na comarca, Pontón considéraos insuficientes, xa que apenas superan os cinco millóns de euros, dos cales catro xa van destinados unicamente á construcción da nova EDAR de Ribeira. O BNG volve a preocuparlles o nulo investimento no Hospital da Barbanza. Outra das súas preocupacións da formación frentista é a recuperación económica que segundo eles debe ir ligada á creación de emprego. Para tratar de solucionar estas carencias, o BNG presentará diversas emendas, tanto á totalidade como a diversas partidas específicas, que veñan a paliar as principais eivas detectadas nesta comarca. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/28/bngbarbanzapresupostosxunta2810141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/28/bngbarbanzapresupostosxunta281014.mp4{/flowplayer}