BOIRO> Boiro vivirá esta fin de semana a tradicional concentración moteira que cada ano atrae a miles de pilotos ata a vila. Aínda que o número de inscritos roldará os cincocentos agárdase a presenza de miles de persoas posto que as actividades son abertas ó público e de entrada libre.
O venres arrancan as primeiras actividades da concentración Boiro Motos coa apertura das inscricións e as primeiras exhibición no recinto habilitado na Cachada. XA pla noite, un grupo de rock e un DJ amenizarán a festa nocturna.
O sábado desenvolveranse durante toda a xornada diversas exhibicións e concursos así como cursos de seguridade viaria e adestramentos. Pola noite volverá haber verbena nocturna amenizada polos DL,s Geno e Matrek que pechará o programa da concentración posto que o domingo non se organizaron actividades por coincidir coa xornada electoral
A concentración incorpora importantes novidades este ano como a chegada da bandeira viaxeira de moteiros de España que pasa da provincia de Pontevedra á de Coruña.
Outra das novidades será a asistencia dun equipo fotográfico de Madrid que sacará fotos de estudo ós moteros que serán agasalladas ós inscritos. Dende a organización aclararon tamén que tódalas actividades son de balde e abertas a todo o público. A inscrición realízase para garantir o aloxamento e réxime de comidas dos participantes.











