Ribeira segue con incerteza o rescate da tripulación do Argos Georgia

RIBEIRA> Seguimos con incerteza o desenlace final do rescate dos 27 tripulantes do palangreiro Argos Georgia, que afundía a pasada madrugada a causa dunha vía de auga a unhas 200 millas das Illas Malvinas.

Tras emitir o sinal de auxilio, despregouse na zona un amplo dispositivo de rescate con medios aéreos e marítimos. Sen embargo, o mal tempo e a complicada situación da mar dificultaron as tarefas. Na zona traballan varios buques intentando localizar os botes salvavidas nos que os mariñeiros levan varias horas á deriva.

Ó parecer, un deles xa foi avistado por un dos barcos que participaban no operativo pero se descoñece aínda o estado dos tripulantes e se puideron ser rescatados. Á espera de novas informacións, o rescate estase a vivir con angustia en toda Galicia, en especial no  Barbanza, posto que dous dos tripulantes son de Ribeira.