O concello cederá parte dun local en Sel ó Club de Remo Muros

    MUROS> A cesión é froito dun convenio ó que chegaron ambas entidades, xa que as actuais instalacións do Club, na antiga lonxa, non cubren as súas necesidades. As necesidades actuais do Club de Remo Muros, que non dispoñía dun local axeitado para desenvolver a súa actividade, foi unha das razóns que levou ó executivo muradán a asinar un convenio de colaboración coa entidade para a cesión dun local nas dependencias municipais de Sel. O concello xa está a realizar as reformas necesarias nas instalacións para poder entregarllas ó club canto antes. Segundo informou a propia alcaldesa, Caridad González, dende o concello estase a apostar forte polo deporte e pola colaboración cos clubs locais. Actualmente o executivo muradán está a estudiar tamén a posibilidade de sacar unha concesión para outra parte deste edificio e dedicalas a actividades relacionadas co mar, como poden ser a vela ou o surf.