A Garda Civil detén ós presuntos autores de numerosos roubos en vivendas

ACORUÑA> A Garda Civil informaba esta pasada fin de semana da detención, no marco da operación ‘Abot e Costelo’, a dous cidadáns romaneses de 35 anos, como presuntos autores de numerosos roubos en vivendas unifamiliares. Os roubos tiveron lugar ó longo do último mes en toda a comunidade, aínda que segundo fontes do propio Instituto Armado con maior incidencia nos concellos da periferia da Coruña, Santiago e Ourense. Ó parecer usaban case sempre o mesmo ‘modus operandi’ nos asaltos. Aproveitaban as saídas momentáneas ou os descoidos dos propietarios para acceder ó interior das casas e, unha vez dentro, facerse principalmente con xoias e diñeiro en efectivo. A pesar dos continuos cambios de dirección e contra-vixilancia que realizaban os propios detidos, os axentes conseguiron localizar tres zulos nos que gardaban os seus botíns. Estes encondrixos estaban ocultos en zonas boscosas e repartidos en diferentes localizacións, para que non puideran ser localizados polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Durante a detención, a Garda Civil tamén puido recuperar un vehículo que fora substraído nunha das vivendas asaltadas. Os dous detidos cónstanlle detencións anteriores por feitos similares.