Aparatosa saída de vía en Rianxo

RIANXO> A autovía do Barbanza rexistraba esta mañá un novo accidente de tráfico. O suceso tiña lugar ó redor das doce desta mañá, na saída de Rianxo.

Por causas que se descoñecen un vehículo, que circulaba en dirección á vila, saíuse da vía, quedando o seu vehículo enriba da beiravía.

A condutora, e única ocupante do turismo, non sufriu dano aparente algún.

Ata o lugar do sinistro trasladouse a Policía Local e persoal de asistencia da propia autovía, así como tamén unha ambulancia do 061, aínda que finalmente non tivo que actuar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí