Arousa Norte presenta a súa Guía de Persoeiros Ilustres

    RIANXO> Esta pasada fin de semana tivo lugar no Auditorio de Rianxo a presentación da Guía de persoeiros da cultura de Arousa Norte. Esta guía, que foi elaborada por Xoán Pastor Rodríguez e financiada pola Deputación da Coruña, recolle a artistas e autores galegos de tódalas épocas.

    O presidente da Mancomunidade Arousa Norte, Isaac Maceiras; o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, o autor da Guía de persoeiros ilustres de Arousa Norte, Xoán Pastor; e o presidente de Barbantia, Xesús Laíño; foron os encargados de presentar esta nova publicación. Trátase dunha guía que recolle a artistas e autores, pero non só ós vellos escritores senón tamén ós novos creadores. O presidente da Mancomunidade, Issac Maceiras, quere que a obra forme parte de todas as bibliotecas, e adiantou que o Centro Galego de Barcelona xa lle manifestou o seu desexo de que tanto a Guía de persoeiros como outras publicacións editadas dende Arousa Norte, formasen parte do seu patrimonio bibliográfico, así como tamén no seu centro en Madrid. Tanto o alcalde de Rianxo como o presidente de Barbantia eloxiaron a Xoán Pastor polo seu traballo, xa que como comentaba Xesús Laíño, “é a persoa máis apropiada para facer este tipo de traballos”. O autor da Guía de persoeiros agradeceu todos os eloxios que lle ofreceron esa noite, e confesou a dificultade de elaborar este tipo de guía; que require unha reedición mes a mes, case semana a semana para poder estar sempre actualizada. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/03/presentacionguiapersoeirosbarbantia0311141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/03/presentacionguiapersoeirosbarbantia031114.mp4{/flowplayer}