A Deputación de Pontevedra volve de Fitur coa sensación de ter feito os deberes

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra regresa satisfeita de Fitur. A presidenta destaca, por exemplo,  o premio do SICTED ao mellor destino nacional ou a a adhesión a Spain FilmComission. A isto, di Carmela Silva, hai que engadi-los bos resultados do destino Rías Baixas no 2021. Rexistrouse máis dun millón de visitantes, o 32% das persoas que viaxaron a Galicia.

A Deputación de Pontevedra volve de Fitur coa sensación de ter feito os deberes. Esta mañá a presidenta fixo balance de todo o acadado na feira de turismo. Carmela Silva destacou os recoñecementos que recibiu o destino Rías Baixas, entre eles, o premio do SICTED ao mellor destino nacional.

Ademais, Fitur serviu tamén para que a Deputación formalizase a súa adhesión á Spain FilmCommission. E todo isto, di Silva, xunto coa cifra de visitantes rexistrada en  2021: máis dun millón de persoas ata decembro, o que representa o 32% das persoas que viaxaron a Galicia. A socialista, trala polémica coa Xunta, aproveita para lanzarlle unha mensaxe ao vicepresidente Rueda.

A presidenta tamén salientou o impacto de “Love Rías Baixas”, a campaña turística da Deputación presentada en FITUR. A promoción acumula 2,3 millóns de impacto nas redes socias. Ademais , o vídeo da promoción supera xa as 10.000 visualizacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí