BOIRO> O alcalde e o concelleiro de Urbanismo e Obras visitaron esta mañá os traballos que se están a desenvolver na capela do Pazo de Goiáns.
Estas obras, cofinaciadas nun 80% pola Deputación da Coruña, supoñen un investimento de máis de 110 mil euros.
A actuación ten coma principal finalidade a consolidación desta construción auxiliar do pazo, sen alterar á súa estética.
Ademais procederase a rehabilitar tamén a cuberta, os muros e as carpinterías así como instalar novo alumeado.
Ademais da actuación na capela, estase a executar a mellora ambiental no estuario do río Coroño, conectando o Pazo co núcleo urbano. Esta obra, orzamentada en 200 mil euros, busca mellorar tamén a accesibilidade e darlle un valor engadido á contorna natural do Pazo.
Todas estas actuacións veñen complementar a rehabilitación do edificio principal e da Torre, así como o acondicionamento da finca acometidos en 2022.