Feijóo avoga en Noia por seguir coa ‘estabilidade e o bo goberno’ de Rueda

NOIA> O Partido Popular celebrou a última hora da tarde de onte en Noia o mitin central da formación.

O acto que se desenvolveu nun ateigado Teatro Coliseo Noela contou coa participación do presidente nacional do partido, Alberto Núñez Feijoo, que desenbarcou estes días en Galicia para axudar ó candidato do seu partido, Alfonso Rueda, a manter o goberno da Xunta para os populares.

Na súa intervención Feijóo aludiu á importancia dos comicios deste vindeiro domingo, no que Galicia se xoga moito. Segundo el que Galicia siga sendo Galicia ou que comece a estar dividida.

Na súa intervención acusou tamén á esquerda de querer embarrar a capaña, lanzando ataques á desesperada contra o PP para que Rueda perda a maioría.

Ademais de Feijjóo, no mitin en Noia tamén participaron a secretaria xeral do PPdeG e candidata pola provincia da Coruña, Paula Prado, e o alcalde, Santiago Freire.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí