Os veciños de Boiro deciden en que obras invertir os fondos públicos

    obrasparticipacioncidada_100_281207.jpgBOIRO > A Concellería de Participación Cidadá investirá 30 mil euros nas obras solicitadas polos veciños en cada unha das parroquias do municipio.

    Segundo confirmou o concelleiro de Participación Cidadá, Xosé Manuel Pérez, que compareceu ante os medios acompañado dos representantes de cada consello parroquial, cada unha das oito parroquias do concello dispón dun presuposto propio asignado de 30 mil euros, que serán investidos en diferentes actuacións. Foron, segundo el, os propios veciños, a través das entidades e asociacións de cada parroquia, os encargados de escolle-las obras a realizar.

    Así, en Abanqueiro os veciños decidiron que os 30 mil euros foran destinados ó derrube da antiga escola unitaria de Exipto e a habilitación dun novo edificio para actividades diversas.

    En Boiro arranxarase o patio infantil do colexio de praia Xardín e rehabilitarase o teito do local parroquial entre outras obras. Na parroquia do Castro decidiuse investi-lo seu presuposto na construción dun parque infantil na Eira do Cariño e na adquisición de marquesiñas.

    En Bealo ampliarase a entrada á estrada de San Ramón e habilitarase unha área de esparcemento. Na parroquia de Cures arranxarase a fonte do Pomar do Río. En Cespón restaurarase o lavadoiro da Cobiña e en Macenda os veciños optaron por levar a cabo a instalación da rede de sumidoiros de Belles de Arriba a Treites.

    O alcalde, Xosé Deira, sinalou que o concello persegue con este tipo de actuacións fomenta-la participación dos veciños na vida municipal.

    {flowplayer}barbanza/obrasparticipacioncidada.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza