Rómpense as negociacións en Lantero

    VILAGARCIA> Lantero continuará en folga trala ruptura das negociacións esta mañá. Calquera posibilidade dacordo rachaba esta mañá cando a dirección da empresa se levantou da mesa de negociación en Santiago.

    Rómpense as negociacións entre a dirección de Lantero e o Comité de empresa. Segundo o comité de empresa, na xuntanxa desta mañá os representantes da empresa levantáronse da mesa cando os traballadores lles propoñían que non se formulasen despedimentos senón baixas incentivas e prexubilacións. Ante esta situación, o plantel ven de decidir continuar ca súa folga indefinida ca que levan preto dun mes. Segundo a dirección da empresa, pecharon este período de consultas sen acordo posible por mor da falla de vontade negociadora do comité de empresa. Din que os traballadores se negaron ó reaxuste salarial, esixían que se lles pagasen os salarios dos folguistas e se retirase a demanda por folga ilegal, amais de propoñer só amortizar uns 3 postos de emprego. Unha proposta que non é nin seria nin realista, segundo asegurou Pedro Pardo, o seu director comercial. Aseguran que durante este tempo, a dirección de Lantero presentou tres propostas de alcance, que incluían, entreoutras medidas, renunciar ó 30 % do reaxuste salarial; manter os 20 postos de traballo que pensaban externalizar e incluír xubilacións ou baixas voluntarias no canto dos despedimentos. Para a dirección de Lantero a actitude dos folguistas pon en serio risco a continuidade da empresa en Vilagarcía, co que se ven obrigados a reprantexar o plan de viabilidade ca situación actual logo de case un mes de folga. Van a modular as medidas presentadas no anterior plan de viabilidade que poderían ser aínda máis duras, posto que a situación da empresa é máis difícil logo dun mes sen producir. Este desencontro prodúcese horas despois da multitudinaria mobilización que tivo lugar onte a noite en Vilagarcía na que centos de persoas quixeron apoiar ca súa presencia, malia a chuvia, ás reivindicacións dos traballadores. O mal tempo provocou que a manifestación rematase antes do previsto para refuxiarse na Praza da Peixería. O local encheuse para escoitar ós voceiros dos traballadores, que entre berros e aplausos de apoio, se dirixián neste termo ós manifestantes.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/07/manifa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/07/manifestacion_lantero.mp4{/flowplayer }