Palmeira non se conforma cun médico por horas

RIBEIRA> A incorporación dun médico que pasa consulta diariamente en Palmeira non veu satisfacer as demandas dos veciños. Insisten en que non se cubriu a baixa do médico titular senón que se deriva a un facultativo procedente doutra consulta que tan só presta servizo un máximo de tres horas e media.

Os veciños de Palmeira queren deixar claro que a súa demanda é un médico a xornada completa e non por horas.

Critican que a incorporación dun profesional ó centro de saúde palmeirán teña que ser a conta de deixar sen servizo outra consulta, co consecuente agravamento das listas de espera e da calidade asistencial. Así as cousas, acusan ó goberno ribeirense de mentir ós veciños e manipular á opinión pública.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí