Ribeira acolle a súa Mostra de Teatro máis longa e internacional

RIBEIRA> De setembro a decembro desenvolverase en Ribeira a Mostra de Teatro coa actuación de compañías de recoñecido prestixio. As funcións desenvolveranse no auditroio e, por primeira vez, poderán adquirirse as entradas por vía telemática.

O 20 de setembro arranca a Mostra de Teatro de Ribeira. Esta edición será a máis longa dende a súa creación posto que se prolongará ata finaids de decembro. Contará ademais con compañías e actores de recoñecido prestixio con gran cantidade de premios no seu haber. O carácter internacional virá da man do clown italiano Leo Bassi.

Ademais do amplo cartel, a principal novidade é que este ano se poderán adquirir as entradas de xeito electrónico para facilitar a venda.

O prezo do abono será de 35 euros e de 4 con 95 para cada función de xeito individual. A sesión inaugural, a cargo do grupo municipal de teatro será de balde.