VILANOVA> A Asociación Cultural O Castro está de noraboa. Estes días celebra un cuarto de século enchendo de actividade cultural Baión, Vilanova e O Salnés, converténdose nun referente do asociacionismo en toda Galicia.
A Asociación Cultural O Castro celebra por todo o alto os seus 25 anos. Esta fin de semana deu o pistoletazo de saída a un amplo programa de actividades para recordar o seu nacemento.
Nestes anos, O Castro converteuse nun referente do asociacionismo. Non só en Vilanova e na Comarca do Salnés, senón tamén en toda Galicia.
Unha clave deste éxito é que sempre permaneceron fieis ao espírito co que naceron.
Por todo isto, poden permitirse neste 2014 soprar nin máis nin menos que 25 velas na súa torta. Unha celebración que arrancaron o sábado rodeados de amigos, veciños e autoridades de Baión, Vilanova e de todo o Salnés.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/20/aniversario_asociacion_castro.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/20/aniversario_asociacion_castro.mp4{/flowplayer}