A musealización do Castelo de Soutomaior xa é unha realidade

Pontevedra> A partir do vindeiro 13 de maio todos os que o desexen poderán adestrarse na musealización do Castelo de Soutomario. Un edificio fundado no século XII polo que pasou, tal e como dixo esta mañá a Presidenta da Deputación, a historia máis relevante de Galicia. Unha musealización, segundo Silva, moderna, avanzada e con novas tecnoloxías que deixará pegada en todos os que visiten este espazo.

Dende a Deputación de Pontevedra convidaron esta mañá a medios de comunicación, bloguers e axentes de turismo a coñecer o proceso de musealización, xa rematado do Castelo de Soutomaior. Un proceso para o cal investiron 700 mil euros e que conta cunha tecnoloxía avanzada e moderna co fin de dar a coñecer a historia do Castelo de Soutomaior, un edifico fundado no século XII.

Unha musealización para a cal, o equipo encargado de realizala, estivo traballando arreo, xa que se trata dun Castelo con moita historia, 800 anos, e polo que pasaron os persoeiros máis coñecidos da nobreza galega e española.

O 11 de maio terá lugar a inauguración oficial deste musealización do Castelo de Soutomaior, un día que segundo a presidenta, non deixará a ninguén indiferente. E será a partir do 13 de maio cando este Museo abra as súas portas a toda a cidadanía.

A Presidenta amosábase esta mañá feliz, feliz de conseguir a musealización dun Castelo polo que pasou a historia máis relevante de Galicia, un feito, esta musealización, que se converte nun novo fito para a provincia.

Dende a Deputación están ultimando todos os detalles da páxina web do Castelo, mediante a cal se poderán facer reservas, compras de entradas e haberá o listado de prezos dependendo a visita que decidan realizar. Algún dos contidos desta visita son os seguintes.

Ao longo do mes de maio, e segundo a Presidenta, haberá moitas xornadas de portas abertas, un feito que se repetirá ao longo de todo o ano. O obxectivo que o maior número de persoas posible se achegue a este fermoso Castelo no concello de Soutomaior.