Barbanza Golf mellora o mantemento das súas instalacións grazas a unha axuda do Bono Consolida

BOIRO> O campo Barbanza Golf avanza na mellora das súas instalacións coa adquisición dunha máquina para o mantemento dos green. Foi posible grazas a unha axuda da Xunta de Galicia no marco do Bono Consolida Economía Social.

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social visitaba esta m,alá as instalaións de Barbanza Golf, beneficiaria do Bono Consolida que lle permitiu adquirir equipamento para mellorar o mantemento das súas instalacións, emprazadas na parroquia boirense de Macenda.

O investimento, próximo ós 30 mil euros, dos que a Consellería adiantou o 80 por cento, repercutiu nun mellor mantemento do campo ó permitir o aireado dos green sen necesidade de pechar as instalacións.