Alberto Varela pelexará por recuperar Ravella para o PSOE

    VILAGARCÍA> Alberto Varela compareceu esta mañá ante a prensa por primeira vez como candidato socialista á alcaldía de Vilagarcía. Onte, 86 votos dos militantes situábano á cabeza da lista do PSOE que intentará recuperar Ravella o vindeiro ano. Fernando Quintela, o outro candidato nestas primarias, sumou 69 votos.

     

    Xa hai algo máis de 24 horas que Alberto Varela é o candidato socialista á alcaldía de Vilagarcía. Esta mañá, sinalaba algunhas das políticas máis importantes que van marcar o seu programa, no que traballa xa para desbancar a Fole do sillón de Ravella.

    Ademais do programa, Varela terá que conformar un equipo do que rodearse. O xa alcaldable volveu insistir en que todos teñen cabida no seu proxecto.

    Todo coa vista posta nos comicios de maio do ano que ven. Varela confía en conseguir o apoio maioritario dos vilagarciáns, aínda que non oculta que a formación estaría disposta a apostar por coalicións.

    Varela definiuse como unha persoa dialogante, e insistiu na súa dispoñibilidade para intercambiar ideas que axuden a rematar coa crispación, da que culpou directamente á xestión do Partido Popular.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/01/alberto_varela_gana_primaria.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/01/alberto_varela_gana_primaria.mp4{/flowplayer}