Continúa a marexada nas filas socialistas

Pontevedra> Dende o PSOE continúan con desencontros, esta mañá o voceiro socialista en Pontevedra amosouse claro. Cree que no seu partido se debe respectar sempre o voto da militancia e a democracia interna e criticou duramente as voces desleais que están soando nos últimos días, das que dixo, ademais que son opinión persoais e non xerais xa que non se convocou á executiva provincial. 

 

Agustin Fernández amosouse claro esta mañá, cree que seu partido, o PSOE, necesita moita tranquilidade. 

Cree que as aptitudes de moitos dos seus compañeiros amosan a deslealdade co seu partido, unha actitude que se transforma nunha mensaxe difusa de cara aos seus votantes. 

O voceiro socialista deixou claro que a opinión de Santos Hector é persoal e non do PSOE da provincia xa que en ningún momento se reuniu coa executiva provincial. 

Desencontros que seguirán dando de qué falar nos vindeiros días porque no PSOEchegou a tempestade pero de momento non percibe a calma. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/29/conflicto_psoe_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/29/conflicto_psoe.mp4{/flowplayer}