Diego Calvo foi elixido coma novo delegado da Xunta na Coruña

BARBANZA> O ex-presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, foi elixido esta mañá coma novo delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, un cargo que xa desempeñou entre os anos 2009 e 2011, antes de ser nomeado como presidente do organismo provincial. Calvo substituirá neste posto a Belén do Campo, que a partir de agora pasará a ser a nova directora Xeral de Gandeiría. Os cambios foron comunicados esta mañá polo propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, na súa comparecencia semanal tralo consello do Goberno Autonómico.