Regreso ó pasado no Son da man da Feira Celta

PORTO DO SON> Durante tres días, venres, sábado e domingo ás rúas do casco antigo de Porto do Son convertéronse nun antigo poboado castrexo. E fixérono cun gran éxito de participación.

Miles de persoas achegáronse ata a localidade para desfrutar das moitas actividades programadas no marco desta feira que co paso dos anos está a adquirir un maior protagonismo.

Ademais dos postos instalados no mercado celta, na praza de España e nas rúas próximas, houbo diversos talleres, actividades de animación e exhibicións.

Algúns dos máis atractivos tiñan lugar pola noite, da man do grupo Troula Animación que fixo novamente as delicias de tódolos asistentes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí