VILAGARCÍA> O alumnado do instituto Chan do Monte de Marín mostra o seu compromiso ca sociedade creando un caixón para a recollida de tapóns. Esta tarefa permite ós estudantes aprender mentres colaboran coa sociedade. A parte final deste proxecto foi a visita as instalación de Amigos de Galicia en Vilagarcía
O profesorado do instituto Chan do Monte de Marín puxo en práctica, o pasado decembro, unha actividade de voluntariado para que o alumnado comprenda a importancia da reciclaxe mentres fan un servizo social.
Con este obxectivo decidiron poñer en marcha a creación dun caixón de reciclaxe de tapóns. Os alumnos do FP de Mantemento encargáronse de facer o recipiente e os de Informática de promocionalo polo centro.
A parte final desta tarefa foi a visita á Fundación Amigos de Galicia, na que, ademais de coñecer o uso final dos tapóns, tamén realizaron labores de voluntariado.
A Fundación Amigos de Galicia realiza charlas e actividades por todos os centros educativos da comunidade. Ademais do instituto Chan do Monte de Marín, nos próximos meses diferentes centros da contorna visitarán as súas instalacións.