O BNG reivindica o legado de Castelao no seu Rianxo natal

    RIANXO> O BNG volveu elixir Rianxo, terra natal do escritor, para renderlle homenaxe a Castelao no sesenta e cinco aniversario do seu pasamento. Centos de militantes nacionalistas participaron no roteiro cultural polos lugares máis emblemáticos da vila e na ofrenda floral ante o busto do escritor. O BNG reivindicou o espírito de Castelao como motor do nacionalismo galego actual. No acto de aniversario do seu falecemento, hai agora sesenta e cinco anos, a militancia volveu ensalzar os valores de dedicación e entrega ó pobo nacidos coas Irmandades da Fala, que seguen máis vivos ca nunca hoxe en día para garantir un futuro digno a tódolos galegos. Como tódolos anos Rianxo foi o escenario desta homenaxe composta por unha ofrenda floral e un roteiro polos lugares que marcaron a vida de Castealo e doutros escritores ilustres nados nesta vila. A continuación co legado de Castelao á que apela o BNG pasa por facer fronte ás políticas impostas polo goberno central con medidas que permitan dinamizar os sectores produtivos de Galicia e defender os servizos públicos de calidade.