O PP de Ribeira acusa ó voceiro do PBBI de descalificar gravemente á edil de Medio Ambiente

RIBEIRA> O PP de Ribeira esixe ó voceiro do PBBI que pida desculpas públicas á concelleira de Medio Ambiente, Elvira Pereira, por un desafortunado comentario realizado durante o pasado pleno.

A corporación municipal de Ribeira celebraba a pasada tarde un pleno que, en teoría, non auguraba grandes conflitos. A pesar de que comezou con cordialidade posto que tomaba posesión o novo concelleiro do PBBI, José Ángel Silva, un desafortunado comentario do voceiro desta formación desatou a crítica dos populares.

Así falaba Vicente Mariño da concelleira de Medio Ambiente, Elvira Pereira, durante o debate dunha moción sobre o estado da praia de Coroso.

Aínda que o voceiro independente retirou, tras ser reprendido polo alcalde, o descalificativo o PP de Ribeira emitía hoxe un comunicado condenando estes comentarios que cualifican de intolerables e machistas.

Esixen unha desculpa pública por parte de Vicente Mariño e que se comprometa a absterse no futuro de entrar en descalificacións persoais cara Elvira Pereira ou calquera outro membro da corporación alomenos durante o exercicio das súas funcións como edil.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí