A ‘Travesía a nado polo dano cerebral’ reúne a 80 nadadores nunha cita 100% inclusiva

VILAGARCÍA> A praia do Preguntoiro, en Vilagarcía, foi esta fin de semana o escenario dunha travesía moi especial. Organizada por Fegadace, preto dun cento de nadadores participaron para dar visibilidade ás persoas dano cerebral. Foi ademais unha cita 100% inclusiva: nadaron xuntos deportistas con e sen dano cerebral.

Visibilizar as persoas con dano cerebral. Este foi o obxectivo fundamental da travesía que se celebrou a fin de semana na praia do Preguntoiro, en Vilaxoán.

Na organización desta travesía a nado a Federación Galega de Dano Cerebral contou cun cómplice moi especial. A entidade Arousamán tamén se sumou ao proxecto.

Na cita participaron 80 nadadores. Foi 100% inclusiva, xa que entre eles había persoas con e sen dano cerebral, que nadaron todas xuntas. Sen distincións.

Dende a Federación Galega de Dano Cerebral, poñen tamén o foco sobre a importancia da prevención. Por iso estas iniciativas deportivas buscan fomentar a vida saudable.

Esta travesía a nado polo dano cerebral contou co apoio das administracións. Tanto Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e o Xacobeo 21-22, como concello de Vilagarcía axudaron a dar pulo á convocatoria.

Unha oportunidade perfecta para que as persoas con dano cerebral demostrasen do que son capaces.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí