POBRA> Os concellos da comarca afánanse estes días nos preparativos para as celebracións do entroido. un dos máis madrugadores en presentar o cartel foi o da Pobra do Caramiñal que esta mañá o seu programa de actividades no que cobra especial relevancia os concursos de disfraces e os desfiles de comparsas. O venres 13 de febreiro o entroido comeza na Pobra do Caramiñal dando lugar a un abanico de actividades que durarán ata o martes 17 co gran desfile. O día 13 ás catro da tarde os máis pequenos poderán disfrutar do “entroidolandia” no Polideportivo de Venecia no que haberá inchables e obradoiros de máscaras. O sábado será a orquesta Charanga Mekánica a que amenice as rúas do concello xa que tanto o sabado como o luns realízanse outra series de actividades. O domingo igual que o venres a festa será para os mais pequenos no polideportivo onde haberá festa de entroido e un concurso con premios para os mellores disfraces; ademáis de chocolate con orellas para merendar. Os gañadores do concurso participarán no desfile de disfraces e carrozas que se celebrará o martes ás cinco e media da tarde no que tamén haberá diversos premios tanto para carrozas como para disfraces en grupos, parellas e individuais. Serán cinco as comparsas que amenicen o desfile do entroido polas rúas do pobo entre elas: os cen tolos, os canecos,, os de samieira os da caña e likor café, ademáis das diferentes carrozas que se presentan para o concurso xunto cos disfraces en grupo ou individuais.
Inicio Barbanza - Muros - Noia