Malos resultados na volta ó traballo dos mariscadores de Noia

    NOIA> Malas impresións na reapertura da campaña en Noia. Os mariscadores volvían ó traballo tralo parón posterior ó Nadal constatando a escaseza de marisco, tal e como agardaban. Os profesionais agardan que a ausencia de berberecho en Arousa contribúa a manter os prezos nestas xornadas, como único medio para facer rendible a actividade. Estes resultados fan replantexar a necesidade de adiantar o peche das concesións para garantir unha boa campaña a partir do próximo mes de outubro. Sen embargo, hai quen depende en exclusiva desta actividade polo que precisan seguir mariscando aínda que, en ocasións e dependendo da xornada, non dá tan sequera para cubrir gastos. Os malos resultados non fan máis que continuar coa negativa tendencia da última campaña na que a confraría sufriu un importante descenso na facturación.