A finais deste mes comezarán as obras de urbanización no Lagar

    POBRA> A actuación, que permitirá a humanización de todo este entorno, ascende a uns 154 mil euros, que serán sufragados con cargo ós propios orzamentos municipais. Dende hai tempo o executivo pobrense tiña en mente a realización deste proxecto de humanización na zona do Lagar, ó tratarse dunha das máis importantes do casco urbano en canto ó número de habitantes. A actuación, cun importe de preto dos 155 mil euros, prevé a construción de novas beirarrúas e sumidoiros, a mellora do firme, actualmente moi deteriorado, debido ás obras de gasificación levadas a cabo, así como a reordenación dos aparcamentos. O alcalde, Isaac Maceiras, destacou a importancia desta actuación que virá a dar resposta as necesidades actuais dos veciños das urbanizacións alí asentadas coa reordenación do tráfico e a mellor ade servizos. Á espera da adxudicación dos traballos, un trámite que o equipo de goberno confía se leve a cabo nos próximos días, as obras de urbanización do Lagar poderían iniciarse xa a finais deste mes de febreiro.