Un accidente múltiple na autovía da Barbanza deixa cinco feridos

BOIRO> Por causas que se descoñecen polo de agora, un dos tres turismos implicados no accidente que circulaba en dirección Padrón colidiu contra a mediana, quedando no medio da estrada. Un segundo vehículo puido deterse a tempo e evitar o choque, pero un terceiro acabou batendo contra el.

Por fortuna, aínda que houbo feridos, ata un total de cinco persoas, ningún deles de consideración. Por precaución, todos eles foron evacuados en ambulancia ó hospital da Barbanza para valorar o alcance das súas lesións.

Ata o lugar do suceso desprazáronse numerosos medios de emerxencias como é o caso de efectivos do Parque de Bombeiros e de Protección Civil de Boiro, varias unidades das Policías Locais de Boiro e A Pobra, así como tamén Garda Civil e Tráfico e servizo de mantemento da propia autovía, que se encargaron de atender ós feridos e proceder á retirada dos vehículos e á limpeza da vía.

A consecuencia do choque, e mentres non se regulou o tráfico na zona do accidente, formáronse importantes retencións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí