Tráfico sanciona a 31 condutores por alcol e drogas en Barbanza

    BARBANZA> A Agrupación de Tráfico da Garda Civil na provincia da Coruña informou da realización esta pasada madrugada, coincidindo coas celebracións das festas de Entroido, de diversos controis de alcolemia e drogas en distintos puntos da provincia, dando como resultado un total de 78 positivos. Un deses controis foi realizado na comarca do Barbanza, e o resultado foi de 31 condutores que deron positivo, 4 deles por delicto, e 27 por infracción contra a seguridade vial. Tamén houbo dous condutores que deron positivo no test de drogas.