VILAGARCÍA> Este luns comezou en Fexdega, Vilagarcía, unha nova edición dos obradoiros de educación viaria que a Policía Local imparte a escolares do municipio. Un circuíto no que durante 15 días, os rapaces de sexto de primaria e primeiro da ESO adquirirán nocións básicas sobre seguridade e boas prácticas de peóns e condutores. Comeza no recinto feiral de Fexdega, a segunda fase do Programa de Educación Viaria que está a desenvolver a Policía Local entre os escolares de Vilagarcía. O obxectivo é crear bos hábitos para ir mellorando a seguridade viaria. Este circuíto estará dispoñible todas as mañás ata o 16 de marzo. Os alumnos de sexto de primaria de todos os colexios do municipio xunto cos de primeiro da ESO do IES Cotarelo e os alumnos do Centro de Educación Especial serán os protagonistas destas xornadas. Esta actividade, que xa se ten realizado noutras ocasións, conta cunha grande aceptación segundo o Policía Local Javier Seoane. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/03/parquetraficovilla.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/03/parque_infantil_fexdega.mp4{/flowplayer}
Inicio Salnés - Caldas









